A Concentración de Motos de Sanxenxo terá lugar do 8 ao 10 de setembro

    SANXENXO> Este venres presentouse a XXXIII Edición da Concentración de Motos Internacional de Sanxenxo. Que se celebrará o segundo fin de semana de setembro, e que segundo sinalou o alcalde, reportará aos establecementos da vila máis de un millón de euros. Os amantes das motos teñen unha cita en Sanxenxo no mes de setembro, estamos a falarlles da XXXIII Edición da Concentración de Motos Internacional que se celebra ano tras ano na vila, e que segundo sinalou o rexedor da vila, se estima que deixe nos establecementos do municipio en torno a un millón de euros. Martín como bo moteiro sinalou que é unha actividade que non se debe perder e que debe contar co apoio da administración municipal. O programa de esta concentración está deseñada para todos os gustos e idades, iso sí, todo centrado no mundo da moto. E o domingo terá lugar unha ruta por todo o concello, que a bo seguro gustará a todos os presentes… Así que xa saben do 8 ao 10 de setembro, se lles gustan as motos teñen unha cita en Sanxenxo, na Concentración Moteira do Municipio, que tal e como sinalaba o presidente da entidade organizadora, é unhas das máis grandes de España, e sen dúbida a máis grande de Galicia.