Cambados axuda ós mozos a deseñar o seu futuro

    CAMBADOS> Achegar a realidade laboral ós máis novos, é o obxectivo que persegue o programa “Deseñando o Futuro” da Consellería de Xuventude. En Cambados uns 15 mozos de entre 14 e 18 anos están somerxéndose este verán en distintos oficios para poder decidir sobre o seu futuro laboral e académico. Hoxe tocou visita á Lonxa de Tragove. Chega unha idade na que, ou tes clara unha vocació, ou moitas veces necesitamos de axuda par apoder orientarnos para o futuro laboral e académico. É a idade que teñen estes 15 mozos e mozas de Cambados, de entre 14 e 18 anos, e que forman parte do programa Deseñando o teu Futuro da Consellería de Xuventude. Como vemos, hoxe tocou visita á Lonxa de tragove, onde descubriron as entrañas do traballo diario na rula. Aínda que de momento Carlos e Alicia parece que sentiron máis atracción por outras das profesión que coñeceron ó longo do verán. Todo indica que a lonxa, esta mañá, non acabou de convencelos. No programa Deseñando o teu futuro, coalbora tamén a concellería de Xuventude da capital do albariño.