Empapela Noia coa súa propia esquela despois de que a súa moza o deixara

esquela.jpgNOIA> O concello de Noia foi escenario dun suceso con tintes de humor negro que non deixou indiferente a ninguén.

{flowplayer}barbanza/esquelasnoia.flv{/flowplayer}

Superar unha ruptura sentimental non adoita ser doado. Din que hai quen morre de amor, ou alomenos, o simula. É o caso dun mozo de Noia que, despois de que a súa parella o deixara, decidiu empapelar o municipio coa súa propia esquela.

Foi o realismo do texto recollido na necrolóxica, que chegaba a especificar a hora e lugar do funeral, o que levou a engano a moitos veciños. Tras superar a sorpresa inicial ó decatarse de que só se trataba dunha broma, en Noia non se falaba doutra cousa.

O debate está servido. O que para algúns constitúe a máxima expresión do romanticismo para outros, a maioría, trátase dunha broma máis que pesada. Isto último é o que pensa a ex moza que, tras esta macabra demostración de amor, desbotou por completo a posibilidade de volver con el.

Redacción Barbanza