Xosé Lois Piñeiro irá de número oito na candidatura de Sumar ó Congreso pola Coruña

POBRA> O alcalde en funcións da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, ocupará o posto número oito da candidatura de Sumar ó Congreso pola provincia da Coruña.

A elección de Piñeiro responde á aposta da formación que lidera Yolanda Díaz por incorporar ó proxecto a persoas do ámbito municipalista.

Pero Piñeiro non será o único representante da zona na candidatura de Sumar pola provincia da Coruña.

No posto sete aparece tamén a noiesa, Lola Caramés, representante da Marea Cidadá de Noia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí