BARBANZA> Entroido pasado por auga pero moi animado no Barbanza. Algúns dos eventos máis multitudinarios foron a Festa da Orella de Revelar, en Boiro, ou o festival de murgas de Ribeira que estivo moi disputado.
A festa da Orella de Revelar en Abanqueiro converteuse un ano máis nunha das citas destacadas do entroido de Boiro. Centos de persoas déronse cita na carpa instalada para esta duodécima edición da festa na que a orella de porco é a principal protagonista. s asistentes puideron degustar tamén outros produtos gastronómicos típicos de entroido. Non faltou a música nin a orixinalidade dos disfraces nunha festa que se prolongou ata a madrugada.
O domingo, a chuvia obrigaba a suspender o desfile de comparsas en Ribeira pero non o festival que se celebrou nunha carpa montada na avenida do Malecón. Participaron un total de trece agrupacións, entre murgas e comparsas, nun certame do máis axustado.
O primeiro premio foi finalmente para a murga Os de Sempre de Porto do Son que acadou un empate técnico coa asociación de veciños de Carreira. Foi o xurado o encargado de desempatar outorgando o primeiro premio, dotado con mil euros, ós sonenses e o segundo, de seiscentos euros, á agrupación veciñal. O club da Terceira Idade de Santa uxía de Ribeira quedou en terceira posición cun premio dotado con catrocentos euros.
Ademais das actuacións dos diferentes grupos, o certame incluíu unha batalla de charranfas na que participaron o Santiaguiño de Padrón, BB+ e Fanfarria Furruxa.
Comments are closed.