O Céltiga quere ver portería en San Lázaro

celtiga250.jpgSALNÉS> Achégase unha nova fin de semana e con ela unha nova xornada ligueira na Terceira e na Preferente. Precisamente na Terceira, Céltiga e Vilalonga viron os seus partidos adiantados á xornada de mañá. Xogan ambos fóra da casa, os da Illa en Santiago ante o Cidade e os celestes en Río Seco ante o Narón.

O Céltiga busca mañá en San Lázaro e dunha vez por todas facer un gol fóra da casa e de paso, claro, traerse os puntos. Os de Pablo Vázquez pese a facer grandes partidos coma visitantes, non viron aínda portería e queren rematar canto antes con esa xeira negativa.

Enfronte un Cidade que para Pablo Vázquez é todqa unha incógnita: un equipo completamente novo debido ó verán convulso que vivíu o club e que aínda se está a acoplar. O técnico pontevedrés recupera para este choque a dous homes importantes que se perderan o partido ante Alondras: Hugo Soto e Cardeñosa. Todos están a disposición de Vázquez a falta do adestramento desta noite.

O Vilalonga pola súa parte viaxa a Narón coa intención de seguir sumando. Os de Gabi Leis levan cinco xornadas en positivo e queren sumar a sexta nun campo que históricamente non se lles deu mal, xa que das cinco veces que o visitaron tan só perderon nunbha ocasión. Manu Rodríguez, Costas e Suso continúan a ser baixa por lesión mentres que no cadro ferroltarrán Ríos será baixa por sanción.

REXIONAL PREFERENTE 

A preferente deixaranos un derbi esta fin de semana, o que disputarán en Baltar Portonovo e Ribadumia. Todos coinciden en dicir que a presión é para os locais, que son os que buscan o ascenso este ano, mentres que o Ribadumia acude á cita con menor presión e reforzado animicamente trala victoria do pasado domingo ante o Celanova. Carducho poderá contar con tódolos seus homes mentres que Rial podería perder ó dianteiro Diego Cebreiro.

O Arousa pola súa parte que romper canto antes coa xeira nega,tiva de dúas xornadas sen vencer. Recibe na Lomba a un Tomiño que non lle debería causar demasiados problemas. Rubén Oliveira e Pascal Diallo son baixas seguras mentres que o concurso de Nelo está aínda no aire.

Por último, por abaixo, Cambados e Sanxenxo buscan saír do pozo no que se viron inmersos nas últimas semaqnas. Os de Carregal reciben en Burgáns a un perigoso Covadonga que xa puxo en apuros ó Arousa e dobregou ó Portonovo, mentres que o Sanxenxo terá enfronte a un rival máis que incómodo e candidato ó ascenso, o Barbadás, que chega terceiro na xeral.

Redacción Salnés