O Boiro Voleibol a seguir facendo historia

BOIRO>  O Club leva xa uns días nas Palmas de Gran Canaria para a disputa da 46 edición da Copa do Rei. Os boirenses, que son debutantes na competición, mediranse mañá venres na primeira eliminatoria de cuartos de final ó equipo anfitrión, o Guaguas.

O Boiro Voleibol volve dar un paso máis na súa recente historia. Despois do seu ascenso á máxima categoría do voleibol nacional, a Superliga Masculina, logrou clasificarse para a Copa do Rei. Unha competición que arrancará mañá venres en Gran Canaria e no que tomarán parte os oito mellores equipos da primeira volta da Liga Regular.

Ademais dos boirenses, estarán presentes o vixente campeón, o CV Teruel, o Volei Palma, o Unicaja Almería, o Melilla, o Manacor e o Ibiza, ademais do club anfitrión, o CV Guaguas.

Este último será ademais o rival do Boiro en cuartos de final. O encontro terá lugar ás cinco da tarde hora peninsular. Será retransmitido vía streaming e poderá seguirse a través da canle de youtube da páxima web da propia Real Federación Española de Voleibol.

A competición que será a eliminatoria directa presentase moi aberta, sen un club a priori favorito para levarse o título. O Guaguas agardará facer valer o seu factor coma locatario. Nos dous enfrontamentos disputados este ano na liga contra o Boiro Voleibol conseguiron levarse a vitoria. Algo que os boirenses pretenden que non aconteza.

De conseguir o trunfo, o Boiro Voleibol enfrontaríase o día seguinte en semifinais co vencedor da eliminatoria entre o Unicaja Costa de Almería e o Melilla Sport Capital.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí