As motos tomarán Xiabre este domingo

trial250_010508.jpgVILAGARCÍA > O Segundo Trofeo Cidade de Vilagarcía de Trial que voltará este domingo ó monte Xiabre despois do éxito acadado o ano pasado. A proba, organizada por Motoclub Squem, é a primeira puntuable para a Copa de España e nela participará a sete veces campiona do mundo, Laia Sanz.

Volve o Trial a Xiabre, a primeira proba do Campionato de España de Féminas. Unha competición, que o ano pasado, o da súa creación, levouse o premio ó mellor evento deportivo de Vilagarcía. 

E é que estos días reuniranse as mellores mulleres nunha disciplina que durante moito tempo foi terreo exclusivo para homes. Por enriba de todas destaca a presencia de Laia Sanz, a sete veces campiona do mundo que parte coma clara favorita á victoria. A catalana Carla Calderé, subcampiona de España, é das poucas que poderían discuti-lo seu reinado. Tamén parte con opcións Vernónica Miguens, a piloto local, que o ano pasado levouse o triunfo en Féminas B.

Mañá comezarán a chegar as participantes, para o sábdo pasa-las verificacións técnicas e administrativas no paddock que estará situado no Pousadoiro. A proba, que dará comezo o domingo ás 10:00 da mañá, constará de oito zonas, moitas delas de extrema exixencia, polas que haberá que pasar ata tres veces. 

Paralelamente celebrarase o Trofeo Cidade de Vilagarcía, para homes en categoría junior e cadete. Tamén aquí haberá representación local co piloto Carlos Miguéns, que promete dar moita guerra e estar entre os primeiros ó final.

Agárdase que como o ano pasado moita xente acuda a presenciar a competición nas laderas do Xiabre, xa que as zonas están estratéxicamente situadas para que dende a estrada se poidan visualizar.

Asimesmo, dende a organziación preténdese que esta proba da Copa de España pase o ano que ven a formar parte do calendario europeo de competicións.

Redacción Salnés