Un pendente “vertical” enfronta ós residentes do núcleo de Rates

superpendenteoutes.jpgOUTES> Numerosos veciños exisen a rectificación do elevado desnivel dunha pista. Outros non queren que se modifique porque afectaría as súas casas.

A construcción da variante en Outes supón un quebradeiro de cabeza para os veciños de Rates. Ademáis do inconveniente das obras en si, a modificación dunha estrada secundaria que leva a esta aldea convertiu unha ponte en algo parecido a unha rampa de lanzamento.

Son tan só cinco metros de subida, que se transforman nunha pendente que chega a ser case vertical, cun desnivel do 22%. Por tal motivo, residentes desta aldea constituíron unha Plataforma para esixir a retirada desta costa porque non curmpre a normativa legal establecida no 11 por cento. 

{flowplayer}barbanza/cuestaoutes.flv{/flowplayer}

Escritos á Xunta

Dende esta asociación xa enviaron un escrito a Xunta de Galicia asinado por trescentos residentes das aldeas de Rates, Albeida e A Barquiña. Tamén acudiron en varias ocasións ó concello, onde mantiveron unha xuntanza co alcalde outense. Con todo, teñen poucas esperanzas de que modifiquen a pendente, unha vez que xa está construída a ponte.

A favor da rampla

Non obstante, non todos están de acordo con que se modifique a estrada. Os residentes ó pe da rampa aseguraron que a modificación da costa os prexudicaría gravemente, porque afundiría as súas vivenda ó ter que anchear a calzada para reducir a pendente.

Dixeron que dende o concello de Outes deran o visto bo a actuación e que en menos de dous meses estará rematada outra estrada paralela á ponte, que ahora está en obras, que poderán os usar os residentes destas aldeas sen ter que dar un gran rodeo. Afirman que detrás desta polémica o que se agocha e un antigo conflito vecinal.

Redacción Barbanza