Cacabelos suspende a actuación da Xunta en educación

    EDUCACION_GROVE copia.jpgO GROVE> O alcalde cualifica de ‘moi positivo’ o traballo realizado polo seu executivo no ensino, pero reprocha ó goberno autonómico a falta de investimento.

    {flowplayer}images/salnes/EDUCACION_GROVE.flv{/flowplayer}

    O alcalde de O Grove xunto á edil de Educación e a concelleira de asuntos sociais, fixeron un balance das actuacións municipais no eido da educación no que levan de mandato. Segundo José Antonio Cacabelos, unha labor coa que están moi satisfeitos ó tempo que destacou as inversións realizadas desde o concello en aspectos como a mellora das instalacións en varios centros ou a creación de dous comedores. Pola contra, Cacabelos confesou que a implicación desde a Consellería de Educación no municipio foi escasa. Achegou exemplos como a negativa desde a Xunta á construción dun novo colexio no lugar do de Rosalía de Castro, a redución en cinco docentes no Instituto de Monte da Vila ou a falta de obradoiros de emprego. Por iso, o alcalde considera que desde a Xunta contribuíron ó fracaso escolar neste concello.

    Absentismo escolar 

    No tocante ó absentismo, tanto a edil de educación coma o alcalde recoñecen que están a traballar para reducir o número de alumnos que faltan ás clases. Con isto, o alcalde informou que as cifras non son alarmantes pero consideran que están esquecidos desde Xunta de Galicia. En todo caso, o alcalde fixo unha valoración positiva da xestión realizada en educación. Ademais, Cacabelos confesou que hoxe ían solicitar unha nova reunión con conselleiro para tratar todas estas cuestións.

    Redacción Salnés