Nova convocatoria do certame ‘Avilés de Taramancos’

NOIA> O concello vén de convocar unha nova edición do certame literario de relato de aventuras ‘Antón Avilés de Taramancos’ que este ano chega a súa décimo terceira edición. Os interesados en participar neste concurso, organizado pola Casa da Gramática do IES Virxe do Mar, en colaboración coa Deputación da Coruña, poderán presentar as súas obras ata o 11 de abril. Con este premio preténdese promover o relato de aventuras en galego ó mesmo tempo que se homenaxea a figura de Avilés de Taramancos. As bases establecen un único gañador, que recibirá un premio de tres mil euros e unha escultura conmemorativa realizada en exclusiva polo artista Alfonso Costa, así como a publicación da obra. Nas bases recóllese tamén que as obras presentadas a concurso deberán ter unha extensión de entre 70 mil e cen mil caracteres, ser inéditas e estar escritas en galego. O fallo do xurado coñecerase o 16 de maio.