SALNÉS> A xornada da pasada fin de semana deixounos unha de cal e outra de area. A boa nova volveu a chegar dende Meaño, onde o Asmubal se impuxo con comodidade ó Chapela. Mentres, en Monte da Vila o Rasoeiro sumaba a terceira derrota da temporada.
Terceira derrota consecutiva para o Rasoeiro que aínda no sabe o que é gañar este ano en liga. Os de Óscar Arosa caeron desta volta ante o Explotaciones Mineras del Morrazo por un axustado 24-28.
Unha vez máis o encontro estivo marcado polos numerosos erros arbitrais que perxudicaron notablemente ós grovenses e que motivaron as queixas do público.
No estrictamente deportivo, o partido estivo sempre do lado dos visitantes, que mantiveron diferencias a favor de entre dous e catro goles. Pese ós arreróns do Rasu, os cangueses mantiveron a compostura para levarse o triunfo nuns minutos finais eléctricos.
Con esta nova derrota, o Rasoeiro quédase penúltimo na xeral e coa vista posta no seu vindeiro rival, o pechacancelas da clasificación, o Rocamar Pontedeume.
Mentres, na Copa Federación o Salnés-Asmubal Meaño impúxose con comodidade ó Chapela no pavillón de Coirón por 41-18.
Os de Pedro Pérez foron moi superiores dende o inicio e non deron ningunha opción ó seu rival. De feito ós doce minutos o cadro local xa gañaba por nove goles de diferencia. Coa victoria no peto, o técnico local deicidíu rotar o banquiño para darlle minutos a tódolos seus homes. Pese a baixar o ritmo, non diminuíu a vantaxe, que o final foi de 23 tantos.
Así as cousas o Asmubal continúa de líder no seu grupo da Copa, empatado a puntos coa Sar de Redondela. A semana que ven xogarán ante un rival da zona media da táboa como A Lama.
Redacción Salnés