![]()
CAMBADOS> Holanda, Alemaña e Dinamarca. Estes son algúns dos países ós que a protectora de quere enviar 15 cans ó mes.
{flowplayer}images/salnes/PROTECTORA_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
A canceira cambadesa está máis que repleta. Por elo, a responsable da protectora, Olga Costa, busca novas fórmulas para atopar dono a estes cans. E parece que a luz se ve ó final do túnel a través dunha iniciativa xurdida no Facebook, exportar os cans. Foi unha cidadá holandesa quen lles propuxo envialos a este país, onde apenas existen animais nas casas de acollida e os cidadáns están interesados en adoptar. Esta muller xunto a Olga Costa, están a arranxar a documentación necesaria para que se produza esa nova oportunidade para os cans.
Sen embargo, son necesarios máis de mil euros só para o primeiro dos envíos, con 15 animais. Por iso, solicitou axudas ó concello de Cambados e se puxo en marcha unha iniciativa en Facebook para que cada "amigo" da canceira donase un euro. Ata o de agora recadadon máis de 240 euros. Continúan necesitando máis diñeiro, polo que solicitan a colaboración cidadá.
Por sorte, varios inquilinos da canceira xa teñen billete para Holanda, Dinamarca e Alemaña. Dous deles marcharán a primeiros do mes de agosto a Dinamarca, 7 iranse a terras alemanas e 15 o farán a Holanda.
A canceira cambadesa está saturada. Olga Costa sinala que teñen máis de 94 cans que se reparten tanto en xaulas como no resto das instalacións. A situación é crítica. Están tan desbordados que non recollen máis cans. Costa afirma que moitos cans se pelexan e que despois aparecen mortos.
A responsable da canceira reitera que é necesario unha cambio de lexislación sobre os animais e copiar a Europa, que ten unha taxa de abandono cercana ó 0%. A razón: a maior parte dos cans están esterilizados. Olga Costa pide máis implicación por parte das Administracións para lograr unha lei que protexa ós animais.
Para que a xente coñeza a situación real da canceira, Olga Costa invita a calquera persoa a acudir ás instalacións.
Redacción Salnés










