Productores da cooperativa Horsal denuncian roubos de maquinaria

    invernadoiros_copia100.jpgCAMBADOS> Dende a directiva, denuncian a pasividade da Garda Civil, e aseguran que as perdas son moi elevadas.

    {flowplayer}images/salnes/ROUBOS_INVERNADOIROS_HORSAL.flv{/flowplayer}

    Motores, taladros eléctricos, rebarbadoras, combustibles e demais aparellos empregados para o traballo nos invernadoiros, son os obxectos que dende hai aproximadamente dous meses están a desaparecer das casetas auxiliares dos socios da cooperativa Horsal.

     A pesares de que este tipo de incidentes suceden cada ano, a vaga deste verán preocupa en Horsal. Practicamente todos os produtores da cooperativa teñen sufrido este tipo de roubos, incluídos os invernadoiros dos seis membros da directiva. Dende a cooperativa non contan cun cálculo exacto das perdas, pero aseguran que son moi elevadas .

     Dende Horsal tamén denuncian a pasividade da Garda Civil a pesares das súas reclamacións. Precisamente, esta actitude fai que moitos dos afectados elixan non denunciar, algo que prexudica ó conxunto da cooperativa.

    Para intentar rematar con este tipo de sucesos, Alberto Amil anunciou que se porán en contacto co subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Álvarez, para solicitar unha maior presenza de patrullas da Garda Civil nas áreas onde se ubican os invernadoiros que disuadan ós ladróns.

    Redacción Salnés