VILANOVA> Vilanova reivindica o seu papel como porto do Camiño de Santiago cara o Xacobeo 2021. O conselleiro de Turismo visitou hoxe a oficina da Estación Marítima da vila, que hoxe volveu a funcionar para afianzarse como centro neurálxico da información turística do municipio. Román Rodríguez comprometeuse a asinar un convenio entre a Xunta e o concello vilanvoés para reforzar a promoción das vilas ao redor do Mar de Santiago.
Vilanova non quere perder o tren do Xacobeo 2021. A vila reivindícase como porto do Camiño do Mar a Santiago a través da súa estación marítima.
A luva foi recollida hoxe polo conselleiro de Cultura. Román Rodríguez comprometeuse a asinar un convenio para promocionar os concellos do Mar de Santiago, e destacou o potencial turístico da Estación Marítima vilanovesa e a súa oferta.
Ademais, a intención do concello de Vilanova é converter a Estación Marítima no epicentro do turisto do municipio. As instalacións acollen tamén a oficina de turismo que vai centralizar toda a información sobre a vila.
Román Rodríguez visitou estas instalacións na véspera da reapertura do Camiño de Santiago. A Catedral volverá abrir as súas portas mañá, ao igual que o centro de peregrinación e os albergues públicos.