Varela apela a responsabilidade dos grupos de esquerdas aprobar os presupostos

    VILAGARCI> Alberto Varela intentará aprobar no Pleno de mañá os orzamentos municipais de Vilagarcía para este 2017. Parece claro que o rexedor contará co apoio do BNG, pero o que non o está de todo, é a situación do edil de Esquerda Unida Miguel Alves. Algúns grupos da oposición aseguran que de votar a favor o edil estaría a incorrer contra a Lei Antitransfuguismo. O rexedor móstrase tranquilo, e asegura que en ningún caso se atenta contra esa lei. Mañá terá lugar un dos plenos máis importantes do 2017 para Vilagarcía. O alcalde Alberto Varela espera conseguir sacar a adiante os orzamentos para este ano, e por iso, esta mañá o rexedor apelaba a responsabilidade política do resto de grupos de esquerdas da corporación, para a aprobación dos orzamentos. Varela afirma que de non aprobar os presupostos, os afectados non serían os membros do goberno, senón os propios cidadáns. Para aprobar estes orzamentos dende o equipo de goberno deben buscar apoios. Con oito concelleiros do grupo socialista e dous do BNG, o executivo de Varela necesita un apoio máis. Nos últimos días Miguel Alves, concelleiro de Esquerda Unida parece que sería a clave que garantiría a aprobación dos orzamentos. Antes as voces críticas da oposición que afirman que en caso de que Alves apoie os orzamentos estaría actuando en contra da Lei Antitransfuguismo, Varela móstrase tranquilo e coa certeza de que non se está atentando contra ningunha lei. Uns orzamentos polémicos que dende Ravella esperan que este xoves queden aprobados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/01/alberto_varela_pleno_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/01/alberto_varela_pleno.mp4{/flowplayer}