A Festa do Marisco superou os 733.000 euros de ingresos

    BALANCE_FESTA_MARISCOcopy.jpgGROVE> Ó longo dos doce días que durou a festa vendéronse unhas 165.000 racións de marisco. Para o edil de turismo ‘todo un éxito‘.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_FESTA_MARISCO.flv{/flowplayer}

    Despois de doce días de festa, a cuadraxésimo sétima edición da Festa do Marisco de O Grove chegou onte ó seu fin. Segundo o edil de turismo, Jorge Olleros, o balance deste ano foi máis que positivo.

    A pesares de que ó inicio as cifras non eran moi boas, o bo tempo e a ponte do Pilar contribuíron a mellorar estes datos. En total, vendéronse 165 mil racións de marisco o que supuxo uns ingresos de 733 mil euros, lixeiramente inferiores ós do ano pasado.

    Unha edición na que se congregaron máis de cen mil visitantes procedentes de diferentes puntos de España como Madrid, Castela e León, Asturias, País Vasco, ademais da comunidade galega e Portugal. O éxito deste ano, funcionou tamén coma un efecto multiplicador no tecido hostaleiro de O Grove.

    Máis de duascentas persoas traballaron este ano neste festa gastronómica. A gran cantidade de actividades que complementaron a carpa degustación contribuíron a aumentalas cifras de visitantes.

    A partires de agora o edil de Turismo asegurou que xa están a traballar na próxima edición da Festa do Marisco para obter os mesmos resultados que en pasadas edicións.

    Redacción Salnés