Os alcaldes de Vilagarcía e Caldas agradecen aos servicios de emerxencias e á veciñanza a súa loita en Xiabre

VILAGARCIA, CALDAS> O incendiou rexistrado en Xiabre obrigou a desaloxar a 30 vivendas nas zonas do Vento e Aldea de Arriba. En Caldas a pesar do medo que se pasou na Porteliña puido controlarse o lume antes de chegar as casa. Ningunha vivenda viuse afectada polo incendio pero si unha chatarrería de Vilagarcía. Os alcaldes de ambos municipios agradeceron a solidariedade da veciñanza e o traballo dos equipos de emerxencias.

A hora na que se iniciou o lume de Xiabre, o vento e as altas temperaturas foron as condicións máis desfavorables para poder deter un incendio. Iniciado na Porteliña de Caldas o lume propagouse rapidamente ata Castrogudín, en Vilagarcía. A extensión do incendio obrigou a mobilizar a efectivos de emerxencias de toda a comarca.

O lume chegou con rapidez ata Vilagarcía onde foi necesario desaloxar ata 30 vivendas no Vento e en Aldea de Arriba.

Aínda que o incendio se iniciou en Caldas, os traballos dos equipos de emerxencias evitaron que o lume chegar ás vivendas.

Dende os concellos, destacaron o traballo das forzas de emerxencias así como tamén a loita e a solidariedade da veciñanza.

Finalmente ningunha vivenda se veu afectada polos incendios, pero si unha chatarrería do concello de Vilagarcía. O dono calcula as perdas entre os 10 e os 15 mil euros. Os equipos de investigacións xa traballan para localizar as causas do incendio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí