‘As ofertas sobre Alfageme só buscan a liquidación da empresa’

    cgt_alfageme100.jpgVILAGARCÍA> Así de contudente foi a Confederación Xeral do Traballo sobre a oferta de Conservas Consorcio Galego sobre a fábrica de O Grove.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_CGT_ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    A Confederación Xeral do Traballo asegura que as ofertas que están a aparecer sobre as distintas factorías de Alfageme non traen consigo unha solución ó conflito. Miguel Cuña afirma que se vai producir todo o contrario. Sinala que que representan obstáculos reais, xa que oferta de Conservas Consorcio Galego só está encamiñada ó inmoble da fábrica, o que suporía a extinción dos contratos. Para a CXT a salvación de Alfageme pasa pola continuidade da actividade das empresas de Vilaxoán e Ribadumia.

    O 16 de novembro finaliza a prolongación do Expediente de Regulación de Emprego. Dende a CXT, exigen ós diferentes actores inmersos no proceso concursal, que se leve a cabo o plan industrial aprobado o pasado 13 de setembro. Á empresa pídenlle que firme un acordo cos acreedores maioritarios e reducir a débeda. Ós Administradores Concursal, solicítanlle que garantice o mantemento da actividade industrial e os dereitos dos traballadores. En canto á Xunta, a Consellería de Economía e Industris e ó IGAPE, esíxelles que, en caso de que a empresa chegue a un acordo cos acredores, deben apoiar a actividade industrial. Por último, a CXT pide a unidade sindical para chegar a unha solución. 

    En canto á inhabilitación dos propietarios da empresa, Miguel Cuña sinalou que ten pouca importancia. E engade que o peor de todo, é que para chegar a esa incapacidade usurpouse a voz dos traballadores. Asegura que o auto básase nun documento emitido pola procuradora onde se fala de Comité de Empresa. Cuña sinal que non existe un Comité, senón catro e que nunca se produciu unha reunión dos mesmos.

    Dende o sindicato aseguran que van loitar polo mantemento dos postos de traballo e dos seus dereitos. Para elo, convocaron unha manifestación para este venres ás oito polas rúas de Vilagarcía.

    Redacción Salnés