![]()
CAMBADOS> Este foro está organizado pola UNED e nel trátanse de estudar os hábitos alimenticios da poboación.
{flowplayer}images/salnes/150709_curso_uned.flv{/flowplayer}
A elaboración de augardentes é unha tradición fondamente arraigada en Galicia. É por iso que a UNED decidiu incluír na programación do curso "El buen comer", unha charla informativa para dar a coñecer a historia e funcionamento do Consello Regulador das Denominacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Entre as bebidas espirituosas amparadas por este organismo están augardentes de bagazo, augardentes de bagazo envellecidos e, desde o ano 2004, tamén regula a elaboración de licores de herbas, licor café e augardente de herbas. Tódolos produtos adscritos ó Consello teñen en común a orixe, xa que están elaborados en Galicia e a partir de bagazos autóctonos.
Segundo explicou a secretaria co Consello Regulador, Carmen Otero, entre os diferentes espirituosos que ampara o ente, son os licores os que están experimentando unha maior demanda entre os consumidores, debido á súa menor graduación alcohólica e gusto doce. Para aprender a distinguir os diferentes tipos de augardentes que existen no mercado, esta charla informativa completouse cunha cata comentada.
O curso "El buen comer" está organizado pola Universidade Nacional de Educación a Distancia. Pretende ser un foro de reflexión sobre os hábitos alimenticios da poboación e nel participan unhas cincuenta persoas, na súa maioría alumnos da UNED.
Redacción Salnés








