Unha avaría na rede encharca a céntrica rúa de San Xosé

fochanca.jpgPORTO DO SON> Unha avaría na canalización da auga trae de cabeza ós veciños da rúa San Xosé en Portosín.

{flowplayer}barbanza/avariaportosin.flv{/flowplayer}

Ó longo de toda a xornada, operarios municipais traballaron na reparación desta fuga que leva días vertendo auga. Os veciños non entenden porque non se renovaron as canalizacións hai uns meses cando se procedeu ó empedrado da rúa. Agora temen que sexa necesario volver levantala coas consecuentes molestias.

Lonxe de ir contra o concello que procedeu á localización e arranxo da avaría, os veciños entenden que a responsabilidade debería ser da empresa adxudicataria dos traballos que non realizaron ben a canalización.

Deterioro

Aínda así entenden que o executivo debería proceder a arranxar os socavóns producidos pola acción da auga que supoñen un importante problema para o tránsito tanto de vehículos como de peóns.

Redacción Barbanza