Eva Soto amosa por primeira vez as súas creacións en Cambados

CAMBADOS> As creacións de Eva Soto, a deseñadora cambadesa que ten a honra de vestir a Lady Gaga, poderán verse este venres na súa terra. Ás dez da noite, o patio de armas do Pazo de Fefiñáns acollerá un desfile inédito ó que María do Ceo se encargará de poñer o broche de ouro. Os seus deseños son xa habituais na Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid, conta no seu haber con varios premios nacionais do concurso Vestidos de Papel e os seus traballos chamaron a atención da mismísima Lady Gaga. Colleitado este éxito a nivel nacional e internacional, a cambadesa Eva Soto abre as súas creacións ó pobo que a veu nacer organizando o seu primeiro desfile na capital do albariño. De aí que o desfile leve por nome ‘Diálogo coa Arte’. Será o próximo venres, a partir das dez da noite no patio de armas do Pazo de Fefiñáns. A entrada será gratuíta, pero ó haber un aforo limitado, unhas catrocentas prazas, será preciso retirar invitación. Os asistentes poderán desfrutar de deseños xa vistos en Madrid e da colección infantil feita expresamente para presentar en Cambados. Deseños con marcado carácter arquitectónico porque iso, a inspiración artística, é o elemento diferenciador de Eva Soto. Inspiración que cautivou á mesma Lady Gaga. A artista pop pediu deseños de Soto para lucir nun vídeo clip. Modelos non profesionais de Cambados lucirán as propostas de Eva Soto o venres. Un proxecto por e para a vila do albariño que apadriña o concello. Ademais deste desfile, actualmente Eva Soto ten tres deseños seus nunha exposición de Moda en Bilbao, está a traballar nun proxecto para unha televisión mexicana e argallando xa a colección de verán 2015. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/24/evasoto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/24/DESFILE_EVA_SOTO.mp4{/flowplayer}