Residentes no Rueiro reclaman un nome oficial para a súa rúa

    problemasrueirocopia.jpgRIBEIRA> Non reciben a correspondencia diaria, teñen dificultades para escolarizar os seus fillos e para darse de alta en servizos como a luz e a agua.

    {flowplayer}barbanza/problemasrueiro.flv{/flowplayer}

    Esta urbanización leva construída dous anos, pero ata poucos meses non tiña nen nome. Coñécese popularmente como O Rueiro, dado que así se chama a zona onde se empraza.

    Moitos residentes optaron por empradroarse noutros concellos ou por alugar un apartado de correos para poder recibir a correspondencia nalgún sitio. Outros teñen que ir case diariamente á oficina de Correos á recoller as súas cartas, xa que non hai reparto porque a praza non existen de xeito oficial.

    Problemas escolarización

    A isto súmase outro problema. Algunhas vivendas están dadas de alta no catastro co enderezo na rúa lindeira, a Xeneral Franco, o que tamén é un trastorno para os propietarios e unha serie de molestos trámites administrativos. Tamén supón un grave prexuicio para as familias con fillos en idade escolar.

    Rápida solución

    Pola súa banda, o concello de Ribeira xa anunciou que ten a intención de encargar un estudio para actualizar o rueiro do municipio, poñer ó día a numeración das vías e dotar de nome a aquelas rúas que carecen del. Esta previsto que a elaboración deste informe se alongue durante alomenos dous meses.

    Redacción Barbanza