![]()
OUTES > A Policía Xudicial da Garda Civil de Noia da por resolto o caso de asasinato do outiense de sesenta e tres anos de idade, José Benito Nieto González, coa detención de dous presuntos homicidas.
Os acusados sonnaturais de Outes, das aldeas de Coiradas e San Cosme, V.M.M.C. de vintecinco anos, que se atopa nun centro especial de reclusión e A.L.S., de trinta e cinco, que xa está tamén no cárcere, ambos en prisión preventiva.
Os feitos ocorreron o pasado catorce de xullo, cando a vítima apareceu tendida na marxe esquerda da carretera que conduce ata Quintela, lugar onde residía. Presuntamente, os homicidas atropelaron deliberadamente cunha furgoneta a José Benito, roubáronlle a carteira e posteriormente déronse á fuga. O falecido presentaba ademais contusións no corpo.
Un dos irmáns da víctima, Jesús Luciano Nieto, relatounos que a Garda Civil, no momento en que se atopou o cadáver, xa lles dixera que a morte non se producira por unha caida.
A autopsia practicada ó cadaver revelou que a morte foi debida ó atropelo, pero o seu irmán asegurou que a morte foi anterior e que despois o atropelaron. No lugar onde apareceu o cadáver non quedaron mostras do atropelo, xa que esa noite chovera, pero si que quedaron no corpo da víctima.
A Garda Civil informou que o detido de menor idade dixo na súa declaración que eles foran os responsables do atropelo, pero que ía conducindo o outro home. Despois do atropelo, o conductor cambiou o frontal da furgoneta, que sufrira desperfectos e desfixose dela en Gijón. Posteriormente viaxou ata Canarias, onde se lle practicou a detención.
Redacción Barbanza








