Luz verde á liña de axudas para o cambio das terrazas en Vilagarcía

    PLENO_VILAGARCIAcopy.jpgVILAGARCÍA> Aprobouse grazas á abstención do portavoz de IVIL nas votacións que se celebraron no pleno extraordinario.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
    A orde do día do pleno extraordinario do concello de Vilagarcía era abordalas modificacións de crédito e o recoñecemento extraxudicial de crédito que permitiría ó goberno pagar a débeda que teñen con provedores. En ambos casos aprobouse gracias á abstención do portavoz de IVIL nas votacións. I
    Isto permitiu aprobar, entre outras cousas a liña de axudas para o cambio das terrazas dos negocios hostaleiros, as obras na casa de cultura de Carril e o parque de San Roque. Pero antes da votación, a alcaldesa non se librou das críticas por parte da oposición. Critican a falta de negociación previa para chegar a un acordo.

    Pola súa parte, al alcaldesa, Dolores García, apelou á responsabilidade xa que considera que se trata dunha situación que non fai máis que prexudicar á pequena empresa. Ademais, di, non se trataba de facer inversións novas senón de pagar as facturas que estaban pendentes.

    Pola súa parte, o portavoz do Partido Popular volveu insistir na necesidade de presentar os orzamentos do 2011 antes de final de ano.

    A alcaldesa comprometeuse, ademais á conxelación dos impostos para o ano 2011.

     

    Redacción Salnés