O GDR Salnés Ulla Umia fai un balance positivo dos proxectos realizados nos concellos rurais

MEIS> O GDR Salnés Ulla Umia entrega o premio do sorteo de facebook “O rural vive, vive o Rural”. A gañadora, unha veciña de Meis, recibe como premio unha estancia dunha noite na Quinta de San Amaro e unha visita a unha adega. O obxectivo deste sorte é promocionar o GDR e os seus proxectos.

O grupo de desenvolvemento rural do Slanés Ulla Umia entregou o premio do sorteo realizado en facebook “o rural vive, vive o rural”. Un concurso destinado a promocionar as iniciativas do GDR.

A gañadora do concurso foi Carmen Vázquez, unha veciña de Meis que participou na promoción a través do seu facebook. Como premio lévase unha estancia dunha noite no hotel Quinta de San Amaro e unha visita a unha adega.

Dende o GDR buscan chegar a toda a xente do rural para poder axudalos a desenvolver os seus proxectos. Dende a presidencia da organización fan un balance positivo das actuacións realizadas este ano.

A entrega de premios tivo lugar en Meis. Dende a vila destacaron a importancia do GDR para os concellos rurais

Precisamente Meis é o concello onde se están desenvolvendo máis proxectos coa colaboración do GDR. Entre eles destacan o proxecto do parque acuático, melloras no laboratorio Cyas, na adega terras de Asorei e nas casas turísticas de Carballo de Prado e Abuelo Arcos.

A entrega de premios tivo lugar na casa do escudeiro. Un centro social rehabilitado coa colaboración do GDR. Neste centro, en canto a situación o permita, exporase unha mostra cultura do grupo de desenvolvemento rural. Dende a organización xa traballan tamén en máis promocións para chegar a toda a poboación do rural.