A moto é o transporte máis áxil para circular por Vilagarcía

    VILAGARCIA> A moto é o medio de transporte máis rápido para desprazarse polo casco urbano de Vilagarcía. Esta sentencia é o resumo dunha…

    {flowplayer}images/salnes/CARREIRA_MEDIOS_2.flv{/flowplayer}

    … peculiar carreira de medios que tivo lugar esta mañá polas rúas nun percorrido que saía e rematada na Praza de Galicia. O Presidente do Motoclub local, 36.600, foi o máis áxil neste percorrido e, por tanto, o vencedor desta competición demostrativa.

    Con todo, desde o colectivo ciclista aseguran que ó ser menos contaminante é máis beneficioso para a saúde, a verdadeira gañadora foi a bicicleta que chegou á zaga da moto.

    Este resultado puxo de manifesto ó mesmo tempo, a crecente conxestión do tráfico rodado polo centro da cidade e as potencialidades que ten esta cidade para o tránsito dos vehículos de dúas rodas e dos peóns.

    Redacción Salnés