Multitudinario adeus ós dous mergulladores sonenses

falecidosson1_copia.jpgPORTO DO SON> Consternación pola morte de dous mozos da localidade cando regresaban dunha xornada de pesca submarina.

{flowplayer}barbanza/falecidosson1.flv{/flowplayer}

O suceso producíase este sábado pola noite na zona de Seráns. Ó parecer a lancha na que ían os tres mozos mergulladores emborcou por un fallo no sistema de dirección da lancha. Esta quedou totalmente descontrolada provocando que os tres ocupantes da embarcación caesen ó mar. A fortuna foi esquiva con dous deles, Juan Torres Parada e Benigno Torres González, os dous de 26 anos, que foron golpeados na cabeza pola hélice do motor, o que lle ocasionou a morte.

O terceiro dos mozos e á postre o unico supervivinte Xosé Manuel Pérez puido ser rescatado con vida despois de máis de sete horas no mar.

Na vila esta mañá os veciños non deixaban de falar doutra cousa, xa que se trataba de dous mozos moi coñecidos.

Dous días de loito oficial

No concello sonense as bandeiras ondeaban a media hasta en dinal de dó. Ademais a corporación municipal celebrou un pleno extraordinario no que se acordou decretar dous días de loito oficial, suspendendo todo tipo de actos oficiais.

Funeral conxunto

falecidosson2.jpgUn bo número de persoas achegáronse esta tarde, ás cinco, ata as pistas deportivas existentes en Queiruga, de onde era natural un dos dous mozos falecidos, para participar no funeral e despedir así a Juan Torres Parada e Benigno Torres González. O funeral celebrouse conxuntamente, atendendo á propia solicitude das dúas familias, xa que os dous eran curmáns. O primeiro deles, Juan rexentaba unha tenda de bicicletas á entrada de Porto do Son, pois esta xunto co mergullo era unha das súas gran paixóns. Beni, ademais da pesca deportiva, formaba parte da plantilla de xogadores do Queiruga, club de fútbol local que milita na terceira rexional.

{flowplayer}barbanza/funeralson.flv{/flowplayer}

Redacción Barbanza