A Mancomunidade asegurou que a Escola de Hostalería seguirá adiante

    OBRADOIRO_HOSTALERIAcopy.jpgGROVE> No caso de que siga adiante o proxecto da Pousada, o obradoiro desenvolverase temporalmente noutras instalacións.

    {flowplayer}images/salnes/MANCOMUNIDADE_SALNES.flv{/flowplayer}
    A Deputación de Pontevedra anunciou fai uns meses que no actual Centro Vacacional de A Lanzada, en O Grove, se ía crear unha pousada. Desde ese momento, a polémica serviuse neste concello ante a opinión contraria do seu alcalde.
    Ademais, ó redor de vinte persoas, convocadas por facebook, déronse cita onte nas inmediacións do centro para mostrar a súa oposición á privatización destas instalacións. A estas manifestacións súmase o temor a que desapareza o Obradoiro de Emprego que se desenvolve nelas.
    Ante esta situación, o Presidente da Mancomunidade do Salnés afirmou esta mañá que foron eles os que promoveron o obradoiro e que Cacabelos ten que achegar as súas críticas ás reunións que se celebran na sede deste ente.
    Con respecto a continuidade do Obradoiro comunicou que xa están a traballar nun novo proxecto para que a escola de Hostalería non desapareza. No caso de que se faga a pousada, empregaríanse só temporalmente outras instalacións.
    A este encontro tamén asistiu o presidente da asociación de hostaleiros de O Grove quen mostrou a súa oposición á construción da Pousada. Pero Devesa manifestou o seu apoio total á Deputación.
    A Deputación xa pediu os permisos correspondentes ó concello e confirmou que xa teñen o proxecto elaborado. Polo momento, terán que agardar.
    Redacción Salnés