Os comerciantes de Portosín alarmados pola oleada de roubos

roubossancaetan_100_120609.jpgTAMBRE> O último episodio vivíase esta mesma madrugada na tenda de mobles San Caetán ubicada no alto da Silva.

{flowplayer}barbanza/roubossancaetan.flv{/flowplayer}

En apenas varias semanas foron varios os negocios de Portosín atacados e tanto os seus propietarios como o resto dos veciños do municipio esixen unha maior vixilancia na zona para acabar dunha vez por todas con esta oleada de pequenos furtos que os mantén preocupados. Un dos últimos establecementos branco do ataque dos ladróns foi a tenda de mobles San Caetán, ubicada no alto da Silva.

Importantes danos

A empregada da tenda, descoñecía esta mañá a cantidade á que poderían ascender os danos causados no interior do local esta madrugada. Ademais de levarse ferramenta e varios electrodomésticos, os autores do roubo causaron importantes destrozos en varias furgonetas da empresa.

Redacción Barbanza