RIBEIRA> O museo do Gravado de Artes realizará ó longo deste ano diversas actividades para conmemorar o 50 cabodano de Pablo Picasso. Entre as actividades previstas figuran tres exposicións que poderán visitarse nas instalacións.
Na presentación destas actividades tomou parte tamén o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, xa que con elas colabora a Xunta de Galicia.
Na presentación estivo tamén o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, que aproveitou a oportunidade para sacar peito e poñer de relevo a importancia do Museo do Gravado de Artes.
O rexedor destacou o feito de que un dos fondos se sume tamén á exposición ‘Picasso, branco no recordo azul’, unha gran mostra coa que a Xunta reivindica a pegada galega na traxectoria do artista que poderá visitarse no Museo de Belas Artes da Coruña.