Preocupación en Muros ante o incremento dos roubos

roubopuntolimpomuros100.jpgMUROS> Muros rexistrou nas últimas semanas unha serie de roubos en diversos puntos do municipio, como a igrexa de Louro e o punto limpo.

{flowplayer}barbanza/roubopuntolimpomuros.flv{/flowplayer}

Preocupación en Muros ante a vaga de roubos rexistrada durante os últimos días. Un destes episodios tivo lugar na igrexa parroquial de Louro onde os ladróns forzaron a porta para acceder ó seu interior. Alí, ademais de causar diversos destrozos, levaron con eles diversos obxectos de culto como un cáliz e un incensario. Tamén conseguiron roubar algo de diñeiro en metálico aínda que tratábase dunha contía menor. O párroco xa presentou unha denuncia ante a Garda Civil que está a investigar os feitos.

Outro dos roubos produciuse no punto limpo do municipio do que faltaron unha serie de elementos metálicos así como material de oficina e obxectos persoais do encargado das instalacións. Para acceder ó recinto tamén forzaron a pechadura.

Roubos menores

Unha casa en construción tamén foi obxecto dos ladróns que roubaron diverso material de obra. O importe total dos efectos subtraídos nos tres roubos non supera os cinco mil euros.

Dende o concello chaman á tranquilidade posto que se trata de feitos illados que tamén acontecen noutros municipios da bisbarra.

Mentres tanto a Garda Civil está a investigar os feitos para determinar se teñen relación entre si aínda que as circunstancias de cada un apuntan a unha autoría diferente.

Redacción Barbanza