O Cambados segue sen triunfar na casa

CAMBADOS_CELTIGA2 copia.jpgCAMBADOS> Cambados e Céltiga víronse as caras en Burgáns, nun derbi marcado máis polas boas intencións que polo acerto nas porterías rivais. Marcador a cero e ovación da afición amarela, que terá que seguir agardando para celebrar a primeira vitoria da tempada como local.

{flowplayer}images/salnes/DERBI.flv{/flowplayer}

‘Difícil atopar lecturas positivas a un empate’. Así define o adestrador do Xuventude Cambados, Ángel Oliveira, o derbi que os enfrontou en Burgáns co Céltiga. Faltaron ocasións claras de gol, e á marxe dalgún disparo ameazador, coma este centro de Ero, ó que por pouco non chega Aarón, o papel do Céltiga pasou practicamente desapercibido, sobre todo na primeira parte.

Mellor sensación transmitiron os de Oliveira. O Cambados xogou un bo papel tanto en defensa coma en ataque, sobre todo nos últimos minutos, cando se produciron as mellores ocasións para marcar un tanto que non chegou.

Marcador a cero polo tanto para un Cambados que quedou con dez xogadores no campo trala expulsión de Unai por esta entrada a Ero que se saldou con vermella directa para o defensa amarelo. Os locais marcharon ovacionados polo traballo feito no campo, aínda que os seus seguidores terán que seguir agradando para poder celebrar o primeiro triunfo da tempada en Burgáns.

Redacción Salnés