A nova biblioteca favorecerá a conciliación familiar

    biblioteca copia100.jpgCAMBADOS> As instalacións da Casa dos Fraga inclúen a biblioteca e a ludoteca, co que pretenden chegar ós veciños de todas as idades.

    {flowplayer}images/salnes/MATO_LUDOTECA_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    “Para o disfrute de todos os veciños e veciñas de Cambados” é a idea que impulsou a creación da nova biblioteca municipal. As instalacións da casa dos Fraga, que fora construída no século XIX no centro da vila, están pensadas para maiores e pequenos. A biblioteca comparte edificio coa ludoteca, facendo posible a conciliación familiar.

    Coa rehabilitación destas instalacións, Cambados recupera unha peza moi importante do seu patrimonio. Durante a inauguración, as autoridades percorreron as salas que forman a biblioteca, que a esas alturas da tarde xa aproveitaban numerosos cambadeses. Informática, lectura e xogos, para todas as idades tiveron o seu escenario na reformada Casa dos Fraga.

    Para dar uso ás recén estreadas instalacións, a concellería de Cultura porá en marcha varias actividades. O programa comezará a partires deste mércores, e incluirá a actuación de contacontos, varios obradoiros e xogos. Ademais, o sábado 23 celebrarase a primeira Bebeteca do concello, que baixo o título “Fábulas no Berce” buscará a estimulación sensorial de bebés de 0 a 3 anos.

    Redacción Salnés