Yidam e TAO A repártense os podios do Galego de Taekwondo

VILAGARCÍA> Os clubs vigueses coparon as clasificacións por categorías, e tamén por clubs, xa que o TAO A quedou primeiro na xeral e o Yidam – CEIP Balaídos segundo. Como se prevía, a competición arrastrou a numeroso público que desfrutou da modalidade máis espectacular deste deporte, a de exhibición. Ademais, a proba na categoría era clasificatoria para o campionato de España, co que o Yidam CEIP Balaídos representará a Galicia nese certame. O Olimpic de Vilagarcía, organizador da proba, tamén se colou no podio na categoría cadete cun meritorio terceiro posto logrado polo Olimpic A. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/TAEKWONDOVILAGARCIA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/COLEO_TAEKWONDO.mp4 {/flowplayer}