Vilagarcía celebra o Día Mundial contra o Cancro de Mama

    DIA_CANCRO_MAMAcopy.jpg VILAGARCÍA> Ademais, ADICAM presentou a súa nova sede no Salnés para ofrecer asesoramento sobre a enfermidade ás mulleres da comarca.

    {flowplayer}images/salnes/DIA_CANCRO_MAMA.flv{/flowplayer}
     
    Esta mañá, membros da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama en Galicia celebraron en Vilagarcía o Día Internacional contra o cancro de Mama.
     
    Para iso instalaron unha carpa informativa na Praza de Galicia para ofrecer todo tipo de asesoramento sobre a enfermidade. Ademais presentaron a súa nova delegación no Salnés, na que levan traballando tres meses.
     
    Esta nova sede naceu, segundo confesa a súa Presidenta un pouco por casualidade. Pero, asegura, xa teñen moitos proxectos en mente; todos orientados a ofrecer a maior axuda posible ás mulleres que teñan ou tiveran cancro de mama. Entre as súas demandas atópase a necesidade da creación dunha unidade de Mama no Hospital do Salnés.
     
    A esta presentación tamén acudiu a edil de Igualdade e Benestar Social do concello de Vilagarcía, Ana Lorenzo e a concelleira de Sanidade, Victoria Hierro.
     
    Ciclo de Charlas

    E nesta liña de concienciación social tamén se enmarca o ciclo de charlas que dentro dunhas semanas iniciarán os profesionais da área materno infantil do hospital do Salnés.

    As conferencias versarán sobre os beneficios da lactación materna para a saúde dos bebés. Impartiranse nos concellos de Vilagarcía, Cambados, Vilanova, A Illa, Ribadumia e Catoira ata principios do vindeiro ano, e están dirixidas a asociacións de mulleres e aqueles colectivos interesados.

    Cabe lembrar que o Hospital do Salnés está acreditado como Hospital Amigo dos Nenos pola Organización Mundial da Saúde e Unicef, un galardón que se entrega a aqueles centros que cumpren os pasos básicos para garantir unha lactación natural feliz.

    Catorce hospitais de toda España contan con este recoñecemento, e o do Salnés é o único galego.

     
    Redacción Salnés