O Extrugasa busca dar a sorpresa ante o Rivas Ecópolis

VILAGARCÍA> Sen tempo prácticamente para o descanso o Extrugasa recibe mañá en Fontecarmoa ó Rivas Ecópolis. As de Tito Díaz buscan darlle continuidade ó seu gran inicio ligueiro ante un rival que aspira ó título de liga.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_191010.flv{/flowplayer} 

O equipo que visita mañá Fontecarmoa é o único que este ano pode discutir a soberanía de Ros Casares e Perfumerías Avenida. O Rivas Ecópolis, despois de dous anos estando entre os mellores, quere que esta sexa a temporada do seu salto de calidade definitivo, e refrendalo cun título.

No seu plantel atópanse xogadoras de primeiro nivel, entre as que destaca a presencia da mellor baloncestista española de tódolos tempos, Amaya Valdemoro, que deixou Valencia para voltar a súa terra. Os seus 34 anos de idade non lle restaron potencial. Será todo un reclamo para os afeccionados.

Xunto a ela, outras internacionais como a veterana Elisa Aguilar, a ala-pivot Laura Nicholls ou a viguesa Tamara Abalde, completan un equipo de auténtico luxo. A guinda póñena a parella de americanas Courtney Paris e Dewanna Bonner, esta última MVP da terceira xornada. 

O conxunto de Tito Díaz está repleto de moral despois da victoria ante La Seu D’Urgel, que deu un pulo moi importante de confianza. O cansancio e o aspecto físico pode xogar na súa contra, pero o esforzo e a ilusión deste conxunto sempre lle outorga posibilidades.

Os números do Extrugasa colócano como un dos mellores equipos a nivel defensivo, senón o mellor. Despois de terlle plantado cara ó Ros Casares as vilagarciáns aspiran a dar a sorpresa da xornada.

Redacción Salnés