Unha fuga de gas provocou o desaloxo de tres edificios e o peche de Rosalía de Castro

    VILAGARCÍA> Unha perigosa fuga de gas obrigou a desaloxar tres edificios da rúa Rosalía de Castro en Vilagarcía. Ademais a coñecida rúa estivo pechada ao tráfico durante varias horas, ocasionando importantes atascos. O servizo de gas as casas non foi restablecido ata altas horas da madrugada. 

     

    Unha perigosa fuga de gas tivo en vela aos veciños de Rosalía de Castro en Vilagarcía, durante varias horas. Segundo fontes consultadas o problema xurdiu a raíz dunhas obras que están a realizar nesta rúa de Vilagarcía, cando se rompeu un dos condutos de gas, o que provocou unha fuga. 

    A situación desencadeou o desaloxamento de varios edificios que estaban cerca do lugar onde se rexistrou o problema. 

    Os servizos municipais de emerxencias traballaron para garantir a seguridade dos veciños. Os riscos eran altos, xa que a elevada presenza de gas non descartaba a posibilidade dunha explosión. 

    A última medición de gas pouco antes das dez da noite, permitiu por fin ao peche da rúa, e restablecer a normalidade tanto de tráfico como os veciños desta poboada zona, que puideron volver as súas casas. A pesar de esto, non foi ata o entorno das 3 da mañá, cando se restableceu o servizo de gas.  

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/01/fuga_gas_carril_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/01/fuga_gas_carril.mp4{/flowplayer}