O concello apoiará os afectados polo paso do río polo seu garaxe

    castroraton copia100.jpgVILAGARCÍA> Para Castro Ratón, a culpa é de Augas de Galicia. Pero de existir unha sentenza, o concello asumirá a responsabilidade.

    {flowplayer}images/salnes/BIBLIOTECA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Segundo Castro Ratón, que está a asumir o papel de alcalde en funcións debido a unha baixa médica da rexedora Dolores García, Augas de Galicia comprometérase a realizar os traballos de soterrado do río ó seu paso polo garaxe da Florida, unha actuación incluída nunha segunda fase dun proxecto de adecuación do río Con para evitar os problemas de riadas. A pesares de que o ente autonómico destinara un millón de euros ós traballos, a previsión orzamentaria para 2011 só recolleu 300 mil euros para esta segunda fase, unha cantidade insuficiente para abordar o soterrado do río.

    Ademais de pór a disposición dos veciños afectados toda a axuda xurídico-técnica que precisen, Castro Ratón manterá varias xuntanzas con eles para abordar o problema. A primeira celebrarase mañá pola mañá, pero o alcalde en funcións xa prepara unha nova reunión, aínda sen data, na que os veciños se reunirán cos voceiros dos partidos da corporación.

    Redacción Salnés