![]()
O Establecimientos Otero de Cambados acaba de anunciar a súa última fichaxe para esta temporada. Despois da xornada inaugural, o aleiro Ander García deixaba o equipo para enrolarse co Caja Laboral de ACB. Pois ben, os cambadeses xa atoparon o seu recambio. Trátase de Deividas Girdvila, un xogador lituano, de 20 anos e 1,97 metros de altura que se formou na prestixiosa canteira do Zalguiris Kaunas. Precisamente con este equipo participou na Vilagarcía Basket Cup de 2008.
Ten tamén experiencia na liga EBA, non en van actuou no Club Baloncesto Cuenca durante unha temporada onde demostrou ter boa man e unhas grandes cualidades físicas.
Coa súa incorporación o técnico Diego Doval pretende potenciar o xogo exterior e de contraataque do equipo.
Redacción Salnés






