O Club Ciclista Barbanza inicia unha nova tempada

BOIRO> O Club Ciclista Oziona-Barbanza celebrou esta pasada fin de semana a presentación oficial de tódolos seus integrantes para esta tempada, na que a empresa Oziona volverá a ser o seu principal patrocinador. O acto que se desenvolveu na sede da Asociación Boirense de Empresarios, contou coa presenza da totalidade da xunta directiva e adestradores do club, así como tamén co edil de Deportes, Nolo Romero e representantes da Federación Galega de Ciclismo. A entidade que preside Ricardo Riveiro, contará para este ano con un total de cinco equipos: promesas, principantes, alevíns, infantís e cadetes. Entre os retos que se marca a directiva para esta tempada figura igualar os logros acadados na edición pasada, na que se lograron un total de 63 podios en distintas carreiras organizadas na nosa comunidade.