![]()
RIBEIRA> Os nacionalistas volven incidir na necesidade de acometer esta actuación, procedendo á demolición do actual edificio ou en todo caso a súa rehabilitación integral.
{flowplayer}barbanza/bngribeirapraza.flv{/flowplayer}
Esta non é a primeira vez que o BNG de Ribeira reclama a construción dunha nova praza de abastos, xa que a actual atópase nun estado lamentable. Para os nacionalistas despois de moitas promesas incumpridas, como a presentación do mercado virtual nas eleccións municipais no ano 2007, da cal a día de hoxe aínda non se sabe nada.
Lugar idóneo
Os nacionalistas consideran que na ubicación actual hai espazo suficiente para instalar un edificio moderno e funcional, tal e como vén demandando dende hai tempo a veciñanza de Ribeira, onde se podería construir tamén un parquing soterrado.
Redacción Barbanza










