A Deputación achega 400 mil euros á residencia de Amicos

     BOIRO> Durante a visita ás obras, o presidente provincial anunciou o seu compromiso de seguir apoiando a entidade .

    {flowplayer}barbanza/visitapresidentedeputacionresienciaamicos13.flv{/flowplayer}

    Acompañado dos alcaldes de Boiro e Ribeira, así como tamén da presidenta de Amicos, Esther Vidal, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, realizou un percorrido polas instalacións da residencia para persoas con diversidade funcional que está a construir a entidade no lugar de Comoxo, no concello de Boiro, nuns terreos cedidos pola Mancomunidade de Montes, e cuxas obras se atopan a un nivel de execución do 80%. Na visita o presidente provincial destacou o labor que desenvolve Amicos.

    Pola súa banda, a presidenta de Amicos, Esther Vidal, agradeceu a colaboración das distintas Administracións, que coa súa axuda permiten que a entidade poida seguir aumentando os seus servizos.

    400 mil euros

    Con anterioridade o presidente da Deputación asinou o convenio de colaboración con Amicos que posibilitará o financiamento das obras de construción das residencia para persoas con diversidade funcional en Boiro que contará con 33 prazas. Segundo o acordo o organismo provincial achegará 400 mil euros para o remate das obras, o que supón máis do 54% do orzamento total.

    Equipamentos

    A nova residencia de Amicos disporá de oito dormitorios dobres, tres despachos, dous baños adaptados, sala e habitación de illamento de enfermería, así como tamén dunha zona común, con centro de día e ocupacional, cociña, comedor, sala de curas e sala de rehabilitación.

    Redacción Barbanza