![]()
CAMBADOS> Veciños do lugar de Xeles, en Corvillón- Cambados, levan meses denunciando a existencia dunha finca onde se acumulan toneladas…
{flowplayer}images/salnes/denuncia_vertedoiro_22102010.flv{/flowplayer}
… de cuncha de mexillón. Deron varias veces aviso ás varias autoridades competentes pero ate o de agora nada se fixo. Namentres esperan unha solución, seguen soportando os cheiros e molestias que lles ocasionan estes residuos orgánica. A situación é aínda máis sensible si se ten en conta que moi preto de aquí viven varias familias con nenos pequenos e maiores ó seu cargo.
Estas montañas de cunchas de mexillón fermentan neste propio terreo e desprenden unha auga ácida neste zona de monte protexida, que ademais está situada moi preto dos tanques que abastecen de auga á comarca do Salnés. Os veciños xa avisaron desto varias veces aviso ó Concello de Cambados,ó Seprona e a outras autoridades sen que ninguén puxese solución ó problema.
Preguntamos ó alcalde de Cambados sobre esta problemática. Luís Aragunde recoñeceu que a empresa responsable non conta ca correspondente licencia para acumular cuncha neste espacio polo que xa se lle instou á súa retirada sen máis dilación.
Redacción Salnés







