![]()
PONTEVEDRA> Decenas de viticultores concentráronse diante do Consello Regulador da DO Rías Baixas para solicitar o incremento dun 25%.
{flowplayer}images/salnes/PROTESTA_UNIONS_AGRARIAS.flv{/flowplayer}
Ante a decisión do pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas de incrementar só nun 8,33% o rendemento por parcela dos viticultores, Unións Agrarias convocou esta concentración cos viticultores para solicitar o incremento ata un 25%. Desde o Sindicato aseguran que as colleitas están en boas condicións.
Xosé Ramón González considera que a perda da votación, na que se decidiu a porcentaxe na que se ía incrementar o rendemento, radica en que Xóvenes Agricultores e o Sindicato Labrego Galego non están á altura da situación.
Pola súa parte, o Xerente do Consello Regulador lembra que foron os viticultores os que escolleron libremente ós seus representantes do pleno, onde se acordou o incremento do 8%. Di, deben respectar o regulamento.
Ante esta situación, Unións Agrarias fai un chamamento á desobediencia. No caso de que non se modifique a porcentaxe incita a viticultores e bodegueiros venda igual a uva das súas colleitas.
Redacción Salnés









