Do Campo e Cores Turís, cesados para ir nas listas do PP

    conselloxunta13 copia.jpg SANTIAGO> O consello da Xunta vén de destituílos xunto a outros cinco altos cargos para dar cumprimento á Lei Electoral.

    {flowplayer}images/salnes/DESTITUCIONS_CONSELLO_XUNTA.flv{/flowplayer}

    Os delegados territoriais da Xunta na Coruña, Pontevedra e Lugo, Belén do Campo, José Manuel Cores Tourís e Raquel Arias, o director xeral do gabinete de Presidencia, Álvaro Pérez, as secretarias xerais de Turismo Carmen Pardo e de Igualdade, Susana López Abella, así como a directora xeral de Comercio, Nava Castro. Son os sete altos cargos do goberno galego que esta mañá cesaba o consello da Xunta en previsión da conformación das listas do Partido Popular de cara ós vindeiros comicios autonómicos. Segundo estipula a Lei electoral, as persoas que exerzan funcións de goberno non poder ser elixidas nun proceso electoral. De aí que fose preciso realizar este trámite para poder incluír os seus nomes nas candidaturas do PP polas catro provincias galegas. A partir de agora, as súas funcións serán asumidas polos secretarios xerais das diferentes consellerías.

    Caso distinto é o dos conselleiros. Elles quedan excluídos desta prohibición legal, polo que poderán ser incluídos en listas electorais sen necesidade de ter que abandonas o seu cargo. De feito, e aínda que desde o Partido Popular manteñen un silencio absoluto sobre os nomes que configurarán as súas candidaturas, soan como valores seguros as da titular de Traballo, Beatriz Mato, como cabeza de lista pola provincia da Coruña. Ou o de Educación e Cultura, Jesús Vázquez por Ourense. No tocante á lista por Pontevedra, estará de novo encabezada polo líder do PPdeG e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, mentres que non se descarta a inclusión en listas doutros pesos pesados do seu gabinete como o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, o de Medio Ambiente, Agustín Hernández e a de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana.

    No tocante á presenza de arousáns na lista por Pontevedra, cóntase como valor seguro coa vilagarciá Marta Rodríguez, aínda que os rumores apuntan a un posible relevo da ata agora deputada Rosa Oubiña polo tamén cambadés, e ata agora delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

    Redacción Salnés