División na hostalería pola nova normativa que só permite abrir ata as 23 horas aos restaurantes

VILAGARCIA> A nova normativa da xunta non convence a todo o sector. Aqueles locais que ofrecen comidas pero non teñen licencia de restaurante consideran que a norma é discriminatoria. Advirten que os seus establecementos tamén son seguros e estudan tomar medidas contra esta división do sector.

A nova normativa da xunta non convence a todo o sector hostaleiro. Só os locais que teñen licencia de restaurante poden abrir ata as 11 da noite, o resto deben pechar ás 9. Quedando excluídos desta nova franxa horaria outros establecementos que tamén se dedican a servir ceas. Os hostaleiros consideran que a norma é discriminatoria.

Os hostaleiros sinalan que os seus locais tamén poden cumprir coa nova normativa obrigatoria para abrir na franxa horaria entre as 9 e as 11.

A división do sector é unha das consecuencias que máis preocupa aos hostaleiros.

Dende o sector están a estudar a posibilidade de tomar medidas legais para loitar contra esta norma. A súa petición é que todos os establecementos que sirvan comidas poidan abrir en igualdade de condicións e cumprindo as normativas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí