O PP aproba a nova Lei de Saúde e a rúa mantén as mobilizacións

VILAGARCÍA> Cumprindo o agardado, o Partido Popular sacou adiante a súa polémica modificación da Lei de Saúde de Galicia. Facendo valer a súa maioría absoluta no Parlamento, a formación aprobou os cambios que converterá a área sanitaria do Salnés nun distrito da de Pontevedra. Seguindo a tónica de toda a tramitación, mentres a cámara autonómica debatía a modificación, a Plataforma pola defensa da sanidade pública manifestábase desta volta en Vilagarcía.

Mentres o Partido Popular aprobaba en solitario a reforma da Lei de Saúde no Parlamento de Galicia, a Plataforma en defensa pola Sanidade Pública do Salnés seguía co seu calendario de mobilizacións. Hoxe pecháronse no concello de Vilagarcía, para despois concentrarse na praza de Ravella.

Co apoio de decenas de veciños e colectivos, a Plataforma insistiu nos seus argumentos. A modificación da norma suporá, segundo asegura, que O Salnés pase a ser un distrito da área sanitaria de Pontevedra. En detrimento dos servizos que ofrecen aos pacientes.

Para a plataforma, este cambio na norma vén continuar o camiño que xa iniciaran as Áreas de Xestión Integrada: alonxar os recursos do paciente, prexudicando a desigualdade de oportunidades e fomentar a sanidade privada.

Á votación no Pazo do Hórreo asistiron varios alcaldes da comarca de O Salnés, como o vilagarcián Alberto Varela e a cambadesa Fátima Abal.