O BNG propón eliminar as Deputacións e impulsar as comarcas

    guillermevazquez copia.jpg CAMBADOS> O voceiro nacional, Guillerme Vázquez, presentou ós candidatos ás acaldías do Salnés

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATOS_BNG_SALNES.flv{/flowplayer}

    Segundo o Bloque Nacionalista Galego, Galicia precisa un cambio profundo e urxente que free tendencias como a perda de poboación ou o desemprego. Unha transformación que segundo os nacionalistas debe comezar polos concellos, nos goberno locais. É por isto que o BNG propón eliminar as Deputacións provinciais e potenciar a figura das Mancomunidades, entendendo as comarcas como entidades vertebradoras do país. Nesta liña se pronunciou o voceiro nacional da formación, Guillerme Vázquez, durante a presentación dos candidatos á alcaldía dos concellos do Salnés, ó igual que os dous alcaldables que nestes intres forman parte dunha coalición de goberno na comarca.

    Os nacionalistas presentaranse a estas eleccións non para ‘ocupar poltronas’, di Vázquez, senón para aplicar un programa inzado de políticas modernas que resolvan os problemas que máis preocupan á sociedade.

    Redacción Salnés