![]()
VILAGARCÍA> A proposta do grupo do BNG, a cámara autonómica tratará o mércores a situación que atravesa a firma na actualidade.
{flowplayer}images/salnes/CGT_ALFAGEME_parlamento.flv{/flowplayer}
O sindicato CXT segue adiante coa súa campaña para evitar o desmantelamento das fábricas que compoñen o grupo Alfageme. Logo de coñecer o auto do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, no que se descarta a oferta de compra realizada pola firma Conservas Consorcio Galego sobre a planta do Grove, a central sindical pide que se retome o plan de relanzamento industrial.
Este documento prevé a continuidade da actividade industrial nas plantas de Vilaxoán e Ribadumia mediante unha inxección de 10 millóns de euros de capital e a venda das factorías do Grove e Vigo. É unha das dúas saídas posibles, segundo a CXT, para Alfageme. A outra pasaría pola súa liquidación. Unha posibilidade que desbotan, aínda que a firma, sexa, segundo eles, un ‘bocado apetecible’ para o interese privado. E é que, segundo o responsable da formación en Arousa, Miguel Cuña, os activos de Alfageme, 93 millóns de euros, superan os 67 millóns de débeda. É por isto que a CXT chama á sociedade arousá á mobilización.
Segundo este sindicato, o peche das plantas de Alfageme tería un forte impacto no tecido económico da comarca, e suporía unha perda de 100 postos de traballo directos.
Redacción Salnés








